Vota!

•Marzo 2, 2011 • 16 Comentarios

Xa estamos na última xornada. E unha vez vistas todas as curtas, faremos o que se fai en calquera festival. O que nos queda é elixir entre todos cal foi a nosa favorita. Así que  escolle  nesta enquisa cal foi a peza que máis che prestou!

Advertisements

Dies Dei

•Marzo 2, 2011 • 12 Comentarios

E pechamos con Dies Dei da Nani Matos. Un da banda de A Guarda. Este filme é un fermoso, e se cadra duro, relato da soidade. O reparto está encabezado por actores de renome como Xan Cejudo, Mela Casal ou Camila Bossa. O percorrido da curta é impresionante con presenza en máis de vinte festivais por todo o mundo, sendo premiado en varios deles

O inquilino

•Marzo 2, 2011 • 6 Comentarios

O Inquilino é unha incursión no mundo do suspense do Ourensán David Gónzalez. Está foi a súa segunda curta. A primeira fora seleccionado no festival de Cannes ( que non é tan bo como o de Porriño, mais tampouco está mal) e mercada por unha TV do Canadá.  Protagonizan Ruth Sabucedo e Jesús Mira

As almas do fental

•Marzo 2, 2011 • 14 Comentarios

As almas do Fental é unha curta made in Chantada (non todo vai ser eixo atlántico). Nesa comarca de Lugo tamén ferve a actividade audiovisual. Como mostra este traballo de David Vázquez, que denuncia o abandono. A cinta tivo un intenso recorrido e mesmo estivo seleccionado no o Festival de Cinema Pobre Humberto Solás en Cuba

Automóbil

•Marzo 1, 2011 • 49 Comentarios

Andrés Victorero, un dos mellores operadores de cámara que temos en Galicia, ofrécenos Automóbil. Se cadra, por duración e calidade, o de curta fícalle pequena..  Conta unha historia universal. Diñeiro, poder, relacións e tecnoloxía mestúranse en cada momento da nosa vida propiciando situacións.Protagoniza Xavier Estévez a quen puidemos ver hai pouco nos cines en Retornos

Sulfato

•Marzo 1, 2011 • 2 Comentarios

Unha das cousas bonitas que ten o audiovisual galego  son as asociacións que hai espalladas polo país adíante, tirando tempo, de onde non o hai ,para argallar o seus proxectos. Unha delas é “senunpesoealoloco” de Vedra. E como mostra do seu traballo temos este “Sulfato” de Abelardo Rendo, baseado nun relato breve homónimo da escritora Paula San Vicente,  e que pretende ser unha emotiva e sincera homenaxe ás nais

O cerco

•Marzo 1, 2011 • 15 Comentarios

O cerco é unha peza de Martiño Vázquez un director da banda da Mariña. O propio Martiño fai o papel protagonista, cunha implicación persoal que o levou a perder 15 quilos. A historia tenta abordar o conflito psicolóxico polo que pasan as persoas que viviron unha experiencia traumática común conflito bélico. A curta xa conta con algún que outro premio no seu haber